viernes, 9 de octubre de 2015

CURRICULUM VITAE


 ELABORACIÓN DUN CURRICULUM VITAE
LOLA CASAIS ATÁN

     Antes de comezar quero expresar o meu agradecemento os compañeiros e compañeiras do blog ORIENTATE. Graciñas por permitirme aportar o meu punto de vista aos vosos lectores. Espero que sexa de proveito.

     A busca de emprego está en constante muda é por elo que precisamos avanzar e actualizarnos para poder competir no mercado laboral fronte o resto dos candidatos e candidatas.

     Un dos principais causantes na variación da busca tradicional de emprego é o avance tecnolóxico que nos encamiña a procura de novas maneiras de facernos visibles ante os responsables de recrutamento. O uso de internet é inevitable e necesario para chegar a un mellor resultado na busca activa pero a pesares das vías e ferramentas que incorporemos  sempre vamos a ter que elaborar un currículo persoal co que ofrecer a nosa presentación.

     Para poder facer fronte a esta complexa labor de dar forma a nosa imaxe profesional deíxovos para que olledes unha serie de directrices e exemplos que poden ser de utilidade para a elaboración do CURRICULUM VITAE.
 

   Comezaremos por darlle forma o currículo para o cal deberíamos ter en conta que existen numerosas modalidades para a elaboración do currículo: cronolóxico, por competencias, por ocupacións, etc. pero todos deben seguir unas pautas na súa realización.


Tomando este punto de partida deixo unha serie de recomendacións comúns para a elaboración do currículo:

1.-Presentación e escritura: 


-Emprega papel de calidade (branco e de tamaño A4).

-Prioritariamente debe ser realizado de maneira mecanizada (ordenador).

-Coida a calidade de impresión e asegúrate de non ter manchas nin borróns.
-Repasa coidadosamente a ortografía, sintaxis, gramática e signos de puntuación.

-Emprega tipos de letra tradicionais (helvética, arial, verdana, tahoma, times new roman, etc.

-Coida os marxes e interliñados.

-Emprega o sangrado ou señalizado.

-Utilizada negriña e/ou maiúsculas para destacar os títulos e encabezados.

-Redacta oracións e párrafos breves e concisos. A claridade na exposición sempre será agradecida.


-Non encadernes o teu currículo persoal en carpetas de fantasía policromada, excepto para postos de axencia de publicidade ou similares.
-Non utilices sobres de ventá, nin etiquetas.

-Se optas por enviar o teu currículo por correo electrónico, asegúrate de que o documento non conteña ningún virus e que o formato cumpra os requisitos para evitar modificacións no contido (documento pdf).

-Recorda que o teu currículo non é a túa autobiografía. Debe ser claro, conciso e completo. Sen exceder de unha ou como moito dúas páxinas

-Antes de mandar un currículo, déixao repousar un par de días e volve a revisalo. Tamén convén sometelo a unha lectura crítica por parte de terceiras persoas.

-Lembra que o mesmo currículo non é válido para todas as empresas e non debe dar a impresión de ser feito en serie.


2.- Redacción:

*Comeza por identificarte aportando os datos necesarios:

-Nome e apelidos
-Forma de contacto: teléfono móbil preferentemente ou fixo de non ter outra opción e correo electrónico.
-Residencia tendo en conta que os datos concretos de rúa, número e piso non son relevantes para unha futura entrevista. Abonda con facer unha referencia de onde se reside.
-Data de nacemento, idade detallada, estado civil, etc....son datos que libremente cada quen pode elixir ou non engadilos.
-Se engades foto debe ser sobria, de tamaño carné, en cor e de boa calidade. Escánea, comproba que a imaxe ten unha boa resolución, e colócaa no marxe superior.

*Continúa preferentemente pola experiencia laboral, de non posuír sempre podes engadir as prácticas formativas e no caso de non ter pasa o seguinte apartado.
En canto a experiencia temos a tendencia a cifrar e fechar as ocupacións. A cronoloxía inversa é a máis recurrida pero se levas tempo sen traballar tal vez sexa unha opción empregar a picaresca e comezar de menos a máis.

*Engade agora a formación académica e a complementaria que poidan reforzarte para conseguir o emprego a o que aspiras. Comezar por engadir:

-Ano de realización.
-Nome do curso.
-Entidade ou organismo emisor.
-Número de horas (no caso da formación complementaria).

*Neste seguinte apartado podemos engadir os idiomas ou os coñecementos en informática dándolle prioridade a aquelo que máis reforce o noso perfil profesional (ex.: se traballar no sector do turismo van a considerar os idiomas en maior estima aos coñecementos informáticos). Se temos acreditación oficial fagámolo constar.

*Finalmente adoitase engadir un apartado coñecido como outros datos de interese onde a maioría das persoas fan referencia aos permisos de conducir, as dispoñibilidades, logros e datos relevantes que reforcen a candidatura. Non incluías referencias salvo que así o pidan, e no caso de facelo primeiro consulta as persoas referidas para que che dean a súa confirmidade e estén informadas. 
Para exemplo ilustrativo e como referencias:





 

Outras opcións máis innovadoras e acordes cos tempos que corren son os vídeo curriculums que tamén se atopan en auxe e que nos son case descoñecidos a unha gran parte da poboación.

Deíxovos un exemplo para que poidades indagar na súa elaboración.

 

 
 

Por se tedes máis curiosidade tamén aporto unha serie de páxinas que vos poden ser de utilidade na medida en que todo o que poidades empregar para facervos visibles por medio do voso currículo sempre será productivo.

Despídome novamente dando as grazas pola oportunidade de participación neste blog e tese sempre en conta que o currículo é persoal que a pesares das recomendacións suxeridas todos temos que ter un criterio propio e coñecernos a nos mesmos para poder triunfar.


Mi primer empleo
Modelo de curriculum
infojobs
Linkedin

1 comentario: