jueves, 8 de octubre de 2015

A formación profesional, por Estela Ruiz.

Ates de comezar co meu artigo quero agradecer ó grupo Orientate por deixaerme formar parte do seu blog por uns días e publicar en el.

A Formación Profesional


A formación profesional forma parte das medidas activas de emprego, que xunto coa orientación teñen como finalidade a mellora da empregabilidade. O coñecemento da organización das modalidades de formación profesional, dos requisitos de acceso, da vinculación entre as distintas modalidades, o mercado laboral, dos distintos perfís profesionais para os que cualifica e a oferta formativa existente nun contexto determinado é imprescindible para os profesionais da inserción laboral.
Como xa se sabe, un dos principais atrancos na inserción laboral das persoas con máis dificultades son a falta de formación ou cualificación profesional. Cando se traballa con colectivos vulnerables, a formación convértese na vía de adquisición e mellora da súa cualificación profesional.

Vias
Podemos dividir a formación en tres vías:
1. Formación regrada,: aquela que se oferta dentro do sistema educativo e que se estrutura en ESO, Bacharelato, Formación Profesional Básica (que substitúe ós PCPI), a formación profesional inicial, que se estrutura en dous niveis: os ciclos formativos de grao medio e de grao superior, e as ensinanzas de réxime especial que abranguen o ensino de idiomas, as ensinanzas deportivas e as ensinanzas artísticas.
2. Educación para persoas adultas:ten como requisito fundamental ter cumpridos como mínimo os 18 anos de idade. Estrutúrase,  en ESA (Educación Secundaria para Adultos), bacharelato para adultos e as ensinanzas básicas, que se dividen en dous niveis (Nivel I e nivel II).
3.  Formación Profesional.

Ó longo do artigo, imos centrarnos nesta última, que podemos definir como “conxunto de accións formativas que capacitan para o desenvolvemento cualificado de diversas profesións, para o acceso ó emprego e a participación activa na vida social, económica e cultural que permitan desenvolver as competencias profesionais”. Organízase en dúas modalidades que se organizan en 27 familias profesionais e en niveis, diferenciados polo nivel de cualificación que se obtén e polos requisitos de acceso.

 A Formación profesional inicial (ou regrada), está composta por ciclos formativos, que os podemos definir como ensinanzas de estrutura modular e duración variable que perseguen preparar para o exercicio dunha profesión. Estes poden ser de dous niveis, dependendo da cualificación profesional: ciclos formativos de grao medio (obtense unha titulación de técnico) e ciclos formativos de grao superior (obtense unha titulación de técnico superior). En canto ó acceso, para acceder ós ciclos formativos de grado medio é preciso estar en posesión do Título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria (acceso directo) ou ben mediante unha proba de acceso. Para acceder ós de grao superior, é preciso ter o bacharelato, proba de acceso ou ben tendo un título de técnico e facendo un curso de acceso. No seguinte video descríbense os diferentes tipos de cilos ós que se pode acceder.



A Formación para o emprego, está destinada a facilitarlle ás persoas desempregadas os coñecementos teórico-prácticos que demanda o tecido empresarial para o desenvolvemento dunha profesión concreta. Diferéncianse diferentes modalidades: 
  • Certificados de profesionalidade: titulacións oficiais que acreditan as competencias profesionais que capacitan para o desenvolvemento dunha actividade laboral. Estes organízanse en tres niveis (1, 2 e 3). Para acceder ó nivel un non se esixe ningún requisitos profesional nin académico, peor para acceder ós outros pódese a través de niveis formativos, doutros certificados e a través da superación de probas de acceso.
  • Programas mixtos de emprego: Escolas Obradoiros, Casas de Oficios e Obradoiros de Emprego. As dúas primeiras están destinadas a xoves entre 18 e 25 anos sen cualificación. Os Obradoiros de Emprego están dirixidos a persoas de más de 25 anos.
  • Contratos para a formación e a aprendizaxe.



 A acreditación de competencias é un procedemento de recente implantación que facilita o recoñecemento das competencias a través da experiencia laboral ou de outras vías de formación. O asesoramento para o recoñecemento de competencias convértese nunha nova función para os orientadores laboráis.

Recentemente regulouse a Formación Profesional Dual (Vallejo, 2012), modalidade de formación que combina formación teórica cun contrato de prácticas en empresas. Presenta varias modalidades en función do tipo de participación da empresa na formación.

E, para rematar, algunhas webs institucionais que poden ser de gran axuda para os orientadores e persoas desempregadas onde poden atopar información sofre a oderta existente, acceso, formación, perfís profesionais...: todofp , portalde FP da Xunta de Galicia, INCUAL, Instituto galego das cualificacións, portal da Xunta de Galicia...



No hay comentarios:

Publicar un comentario