domingo, 19 de julio de 2015

Nube de intereses de María José Armesto Fernández



Como a de Chema Madoz, a miña nube ten tamén forma de árbore. Unha árbore que non ten tanto poso existencial como a árbore da vida do paraíso bíblico pero que tamén ten o seu simbolismo. 




A miña nube de intereses ten, como as árbores, raíces no territorio. Todo proceso de orientación  debe ter moi presente iso que chaman a “ocupabilidade” e que ten que ver co tecido socioeconómico existente e tamén coas oportunidades que todo territorio ten por desenvolver.  

 A árbore medra cara o ceo buscando a luz, reflicte ben o que ten un proceso de orientación laboral de evolución e crecemento persoal. A árbore tamén como exemplo de capacidade de adaptación para afrontar os cambios, perdendo as follas no outono ou abaneándose co vento. A resiliencia como actitude intelixente para afrontar o desemprego, que é un proceso excluínte no económico, pero tamén no social e mesmo provoca un exilio do autoconcepto positivo da persoa. Afrontar a “dispoñibilidade” no proceso de orientación ten tamén moito que ver con isto.

A resiliencia en canción, Felicidade de Mario Jeneci

O proceso de orientación ten tamén moito de simbiose no sentido de tecer unha rede de recursos para abordar a mellora da “empregabilidade”. E de novo a árbore como exemplo de alianzas diversas co entorno, networking.

Esta nube-árbore ten moitos verbos dentro. Parafraseando ao mítico Sr. Chinarro, son “unha chamada á acción” porque, ¿acaso es unha árbore? Móvete.










No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada