Este módulo 3 está compuesto por los siguientes temas:
Tema 11:El trabajo del orientador laboral. Intermediación laboral
En este tema dimos los distintos modelos de intervención: didáctico, de asesoramiento y centrado en los recursos.
Los principios básicos en los que debe basarse la orientación laboral son:
Individualización: adaptación a las necesidades y circunstancias de cada persona.
Flexibilidad: realizando ajustes necesarios provocados por nuevas situaciones, actividades o informaciones.
Desarrollo/Búsqueda de la autonomía: potenciando la autonomía en cada participante, desenvolviendo los recursos, habilidades y competencias.
Otro punto importante de este tema son las actuaciones y procesos de orientación para la mejora de la empleabilidad e inserción laboral de las personas con discapacidad.
Tema 12: El trabajo del orientador laboral. Itinerarios de inserción (IPI)
En cuanto a los IPIs diferenciamos las fases que conforman dicho proceso:
Un diagnóstico personalizado.
Una intervención orientadora, en la que coexisten actividades individuales y grupales.
Tema 13: El trabajo del orientador laboral: Procesos individuales de orientación y ayuda en la toma de decisiones
Se trataron temas de la entrevista de orientación laboral, selección por competencias y los orígenes de la orientación laboral en la Unión Europea.
Tema 14: El trabajo del orientador laboral: Análisis de perfiles profesionales y prospección de empleo
En este tema se trata del análisis de puestos de trabajo, de los nuevos perfiles profesionales y de la prospección empresarial.
En cuanto a la prospección empresarial tenemos distintas fases: fase preparatoria, fase de planificación, fase de trabajo de campo y fase de evaluación y seguimiento.
Tema 15: El trabajo del orientador laboral: Técnicas y herramientas para el acceso al empleo y el autoempleo
En el tema tratamos las técnicas y herramientas como pueden ser el currículo, cartas de presentación y las pruebas de selección: profesionales, cultura general, motivacionales, de personalidad, de aptitudes, análisis grafológico, assesment center y dinámicas de grupo.
Muy importante en este tiempo es la red de contactos y el networking.
También se hizo un breve inciso en cuanto a recursos para el autoempleo.
Tema 16: Elaborar el plan de empresa. Plan de empresa y estudio de viabilidad
Estudios de mercado, análisis DAFO, variables de mercadotecnia, previsión de ventas así como análisis financiera y económica.
Espero os haya gustado la entrada y hasta la próxima.
Antes de comezar quero expresar o meu agradecemento os compañeiros e compañeiras do blog ORIENTATE. Graciñas por permitirme aportar o meu punto de vista aos vosos lectores. Espero que sexa de proveito.
A busca de emprego está en constante muda é por elo que precisamos avanzar e actualizarnos para poder competir no mercado laboral fronte o resto dos candidatos e candidatas.
Un dos principais causantes na variación da busca tradicional de emprego é o avance tecnolóxico que nos encamiña a procura de novas maneiras de facernos visibles ante os responsables de recrutamento. O uso de internet é inevitable e necesario para chegar a un mellor resultado na busca activa pero a pesares das vías e ferramentas que incorporemos sempre vamos a ter que elaborar un currículo persoal co que ofrecer a nosa presentación.
Para poder facer fronte a esta complexa labor de dar forma a nosa imaxe profesional deíxovos para que olledes unha serie de directrices e exemplos que poden ser de utilidade para a elaboración do CURRICULUM VITAE.
Comezaremos por darlle forma o currículo para o cal deberíamos ter en conta que existen numerosas modalidades para a elaboración do currículo: cronolóxico, por competencias, por ocupacións, etc. pero todos deben seguir unas pautas na súa realización.
Tomando este punto de partida deixo unha serie de recomendacións comúns para a elaboración do currículo:
1.-Presentación e escritura:
-Emprega
papel de calidade (branco e de tamaño A4).
-Prioritariamente
debe ser realizado de maneira mecanizada (ordenador).
-Coida
a calidade de impresión e asegúrate de non ter manchas nin borróns.
-Repasa
coidadosamente a ortografía, sintaxis, gramática e signos de
puntuación.
-Emprega
tipos de letra tradicionais (helvética, arial, verdana, tahoma,
times new roman, etc.
-Coida
os marxes e interliñados.
-Emprega
o sangrado ou señalizado.
-Utilizada
negriña e/ou maiúsculas para destacar os títulos e encabezados.
-Redacta
oracións e párrafos breves e concisos. A claridade na exposición sempre será agradecida.
-Non
encadernes o teu currículo persoal en carpetas de fantasía
policromada, excepto para postos de axencia de publicidade ou
similares.
-Non
utilices sobres de ventá, nin etiquetas.
-Se
optas por enviar o teu currículo por correo electrónico, asegúrate
de que o documento non conteña ningún virus e que o formato cumpra
os requisitos para evitar modificacións no contido (documento pdf).
-Recorda
que o teu currículo non é a túa autobiografía. Debe ser claro,
conciso e completo. Sen exceder de unha ou como moito dúas páxinas
-Antes
de mandar un currículo, déixao repousar un par de días e volve a
revisalo. Tamén convén sometelo a unha lectura crítica por parte
de terceiras persoas.
-Lembra
que o mesmo currículo non é válido para todas as empresas e non
debe dar a impresión de ser feito en serie.
2.- Redacción:
*Comeza por identificarte aportando os datos necesarios:
-Nome e apelidos
-Forma de contacto: teléfono móbil preferentemente ou fixo de non ter outra opción e correo electrónico.
-Residencia tendo en conta que os datos concretos de rúa, número e piso non son relevantes para unha futura entrevista. Abonda con facer unha referencia de onde se reside.
-Data de nacemento, idade detallada, estado civil, etc....son datos que libremente cada quen pode elixir ou non engadilos.
-Se engades foto debe ser
sobria, de tamaño carné, en cor e de boa calidade. Escánea,
comproba que a imaxe ten unha boa resolución, e colócaa no marxe
superior.
*Continúa preferentemente pola experiencia laboral, de non posuír sempre podes engadir as prácticas formativas e no caso de non ter pasa o seguinte apartado.
En canto a experiencia temos a tendencia a cifrar e fechar as ocupacións. A cronoloxía inversa é a máis recurrida pero se levas tempo sen traballar tal vez sexa unha opción empregar a picaresca e comezar de menos a máis.
*Engade agora a formación académica e a complementaria que poidan reforzarte para conseguir o emprego a o que aspiras. Comezar por engadir:
-Ano de realización.
-Nome do curso.
-Entidade ou organismo emisor.
-Número de horas (no caso da formación complementaria).
*Neste seguinte apartado podemos engadir os idiomas ou os coñecementos en informática dándolle prioridade a aquelo que máis reforce o noso perfil profesional (ex.: se traballar no sector do turismo van a considerar os idiomas en maior estima aos coñecementos informáticos). Se temos acreditación oficial fagámolo constar.
*Finalmente adoitase engadir un apartado coñecido como outros datos de interese onde a maioría das persoas fan referencia aos permisos de conducir, as dispoñibilidades, logros e datos relevantes que reforcen a candidatura. Non incluías referencias salvo que así o pidan, e no caso de facelo primeiro consulta as persoas referidas para que che dean a súa confirmidade e estén informadas.
Outras opcións máis innovadoras e acordes cos tempos que corren son os vídeo curriculums que tamén se atopan en auxe e que nos son case descoñecidos a unha gran parte da poboación.
Deíxovos un exemplo para que poidades indagar na súa elaboración.
Por se tedes máis curiosidade tamén aporto unha serie de páxinas que vos poden ser de utilidade na medida en que todo o que poidades empregar para facervos visibles por medio do voso currículo sempre será productivo.
Despídome novamente dando as grazas pola oportunidade de participación neste blog e tese sempre en conta que o currículo é persoal que a pesares das recomendacións suxeridas todos temos que ter un criterio propio e coñecernos a nos mesmos para poder triunfar.
A orientación
laboral ten a súa razón de ser na necesidade das persoas de atopar unha
ocupación laboral axeitada e nese contexto o desemprego é o gran obstáculo. A
economía explica as razóns da existencia de desemprego e a política económica trata de dar solucións ao mesmo. Ambos aspectos conforman o marco de referencia
da orientación laboral.
A ECONOMÍA, RAZÓNS DO DESEMPREGO
Na súa intervención
o profesor Fernando Agulló analiza cales son as dúas correntes económicas
básicas que explican a existencia de desemprego. Os clásicos consideran que se
produce pola existencia dun desequilibrio entre a oferta e a demanda de man de
obra e que mediante unha redución nos salarios se restablecería o equilibrio.
Estes días se filtraba na prensa unha suposta conversa entre Angela Merkel e
Christine Lagarde sobre a necesidade de baixar o salario en España a 250 €, esta
sería unha medida derivada desta visión económica.
Por outro lado están
os Keynesianos que consideran que a clave está na demanda de man de obra e non
na oferta. É dicir, para que haxa contratacións debe haber demanda de bens e
servizos e para iso debe haber capacidade de compra nos individuos. Pero a cousa non é tan sinxela, porque logo
están os ciclos económicos e tamén as orientacións produtivas nas que cada
sociedade se especializa. E así podemos falar de distintos tipos de desemprego:
friccional (persoas traballadoras que están nun proceso de cambio de emprego),
estrututal (persoas traballadoras con cualificacións escasamente demandadas),
cíclico (persoas traballadoras desempregadas pola recesión económica) e
estacional (persoasque non require o
mercado nunha época do ano).
ACCIÓNS DE POLÍTICA ECONÓMICA PARA O DESEMPREGO
Sendo o desemprego
unha situación non desexada, as distintas institucións tratan de paliar esta
situación a través de programas e medidas de política económica. Europa, España
e Galicia artellan de forma coordinada e en niveis de concreción diferentes
accións para a mellora da empregabilidade.
A nivel Europeo, a Estratexia Europea 2020 é o marco que permite aos países compartir información, debater e coordinar as políticas de emprego a través do chamado “método aberto de coordinación”. Cada ano, os gobernos dos países membros a través do Comité de Emprego elaboran un paquete de medidas de emprego.
A Estratexia Europea 2020 ten por obxecto un crecemento baseado na innovación, na sustentabilidade e na cohesión social e territorial. Estre osobxectivos que fixa a Estratexia Europa2020 está que o 75% da poboación entre 20 e 64 anos debería estar empregada.
O marco da política de emprego en España é Estratexia de Activación para o Emprego 2014-2016 que constitúe o marco plurianual para a coordinación e execución das políticas de activación para o emprego. A estratexia concretase nos Plans Anuais de Política de emprego que conteñen os servizos (accións) e os programas (medidas) de políticas activas de emprego que se van a levar a cabo desde o Servizo Público de Emprego (SEPE).
O Sistema Nacional de Emprego está formado polo ServizoPúblico de Emprego Estatalque se ocupa da lexislación en materia laboral e das políticas pasivas de emprego (prestaciónse subsidios) e o Servizo Público de Emprego de Galicia que ten as competencias transferidas en materia de desenvolvemento e execución das políticas activas de emprego desde o ano 1997.
A estrutura orgánica do Servizo Público de Emprego de Galiciaestá articulada en torno a dúas Direccións Xerais, a de Traballo e Economía Social e a de Emprego e Formación. O elemento organizativo básico do SPEG son as 53 oficinas de emprego territoriais que son a porta de acceso dos demandantes de empregoá rede de servizos para a mellora da empregabilidade e o acceso ao mercado laboral.
Foi Teresa Bernal Cortegoso, Xefa do Servizo de Orientación Laboral da Xunta de Galicia a que abordouno curso como era o funcionamento do SEPE e fixo tamén unha descrición dos tres elementos básicos á hora de ter en conta nun proceso de orientación laboral: a dispoñibilidade, a empregabilidade e a ocupabilidade.
·A ocupabilidade ten que ver coa situación do mercado laboral, coa cointura económica e coaorientación produtiva do pais.
·A dispoñibilidade ten que ver con estar disposto a traballar nas condicións que oferta o mercado.
·A empregabilidade ten que ver coas ocupacións que demanda o mercado, con ter os coñecementos necesarios para traballar.
A FORMACIÓN PARA A MELLORA DA EMPREGABILIDADE
O elemento básico á hora de mellorar a empregabilidade é a formación. As ponencias do curso impartidas por Elena González de la Cámara Cayuela e Ana Ferreiroa Dobarro abordaron como está configurada formación profesional en España.
Elena González explicou polo miúdo cal é a estrutura da formación profesional en España. Estudiadas as necesidades do mercado de traballo elaborase un Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais que se toma como referencia para elaborar un Catálogo modular de Formación Profesional que da lugar a 26 familias profesionais nas que se integran os títulos de Formación Profesionalda Administración Educativa e tamén aos Certificados de Profesionalidade da autoridade laboral.
Este sistema constrúese en base a un concepto clave, o de competencia. A competencia é o conxunto de capacidades, habilidades e actitudes necesarias para dar resposta con éxito ás esixencias que os diferentes contextos da vida cotiá, entre eles o profesional nos demandan. A Unidade de competencia é o agregado mínimo de competencias profesionais, susceptible de recoñecemento e acreditación parcial e os criterios de realización expresan o nivel aceptable da realización profesional que satisface os obxectivos das organizacións productivas e constitúen unha guía para a avaliación da competencia profesional.
A cualificación profesional é un estándar oficial que contén as competencias requiridas para levar a cabo actividades no contexto dunha profesión, existen cinco niveis de cualificación profesional. Ana Ferreiroa Dobarro, do InstitutoGalego das Cualificacións abordou na súa exposición as tres formas de adquirir unha cualificación profesional:
·no sistema educativo mediante os títulos de formación profesional
·coa formación para o emprego mediante os certificados de profesionalidade
·a través do recoñecemento da experiencia laboral
Os CERTIFICADOS DE PROFESIONALIDADE, ao igual que os títulos de formación profesional da autoridade educativa están baseados no Catalogo Nacional das Cualificacións Profesionais, estruturanse en módulos formativos que poden dividirse en unidades formativas.
A competencia para expedir os Certificados de Profesionalidade é do Instituto Galego das Cualificacións e só os centros acreditados pola Dirección Xeral de Emprego e Formación da Consellería de Traballo poderán impartir formación que de acceso directo a un certificado de profesionalidade, no caso da teleformación a acreditación dos centros a realiza o SEPE.
No caso de realizar formación en centros non acreditados, haberá que presentarse ás PROBAS DE RECOÑECEMENTO DA EXPERIENCIA PROFESIONAL e superalas para poder obter un certificado de profesionalidade. As probas para o recoñecemento da experiencia profesional teñen por obxecto recoñecer de forma oficial competencias profesionais adquiridas a través da experiencia profesional ou por vías non formais de formación.
A FORMACIÓN PROFESIONAL NO SISTEMA EDUCATIVO está estruturada en ciclos formativos baseados no Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais, existen ciclos formativos de grao superior, de grao medio e formación profesional básica.
Existe correspondencia entre os títulos de formación profesional e os certificados de profesionalidade. Os títulos de formación profesional están formados por unidades de competencia que teñen a súa equivalencia nos módulos formativos dos certificados de profesionalidade.
EUROPA, MÁIS RECURSOS PARA O EMPREGO A libre circulación de traballadores é un principio
constitutivo da UE. Cristina Couto de Europe Direct de A Coruña fixo unha
exposición moi detallada das diversas ferramentas que a Unión Europea ofrece
con información de todo tipo para facilitar a mobilidade no territorio europeo:
estancias en institucións europeas, voluntariado, vacantes para investigadores…etc.Quizais o recurso máis coñecido é a Rede Eures. A Rede Europea de Servizos
de Emprego (EURES) é unha rede de cooperación entre a Comisión Europea e os
Servizos Públicos de Emprego dos estados membros para facilitar a mobilidade
profesional. Proporciona información e asesoramentosobre contratación a empresarios e traballadores.
Outro dos pilares da UE son os recursos económicos
que destina para financiar políticas de emprego. Un dos máis coñecidos é o Fondo Social Europeo, un fondo estrutural
que ten como misión aumentar as oportunidades de emprego, promover a educación
e a aprendizaxe permanente, mellorar a inclusión social, axudar a combater a
pobreza e mellorar a capacidade das administración públicas para dar mellor
servizo aos cidadáns e solicitantes de emprego. Hai outros como son o Fondo Europeo de Adaptación á Globalización
(FEAG) que son axudas individuais puntuais e de duración limitada aos
traballadores que perderon o seu emprego a consecuencia da globalización ou o Programa
Europeo para o Emprego e a Innovación Social (EASI) que promove un alto
nivel de calidade e de emprego sostible, garantir unha protección social
adecuada, loitar contra a exclusión social e a pobreza e mellorar as condicións
de traballo.
A INICIATIVA EMPRENDEDORA
A iniciativa emprendedora responde a detectar unha oportunidade e moitas veces se convirte na solución ante a a falta de emprego por conta allea. Fernando Agulló desgranaba na súa intervención as características da España emprendora e abordaba cales son os elementos esenciais para a creación de empresas: a idea, motivación e un plan.
Como método para validar a idea empresarial propón o método CANVAS de Alexander Osterwalder que consiste en plasmar gráficamente nunha única folla dividida en nove partes como será o proceso en que se creará valor e cales serán os recursos necesarios para tal fin.
Como a de Chema Madoz, a miña nube ten tamén forma de árbore. Unha árbore que non ten tanto
poso existencial como a árbore da vida do paraíso bíblico pero que tamén ten o
seu simbolismo.
A miña nube de intereses ten, como as árbores,
raíces no territorio. Todo proceso de
orientacióndebe ter moi presente iso
que chaman a “ocupabilidade” e que
ten que ver co tecido socioeconómico existente e tamén coas oportunidades que
todo territorio ten por desenvolver.
A
árbore medra cara o ceo buscando a luz, reflicte ben o que ten un proceso de
orientación laboral de evolución e crecemento persoal. A árbore tamén como
exemplo de capacidade de adaptación para afrontar os cambios, perdendo as
follas no outono ou abaneándose co vento. A resiliencia como actitude intelixente para afrontar o
desemprego, que é un proceso excluínte no económico, pero tamén no social e
mesmo provoca un exilio do autoconcepto positivo da persoa. Afrontar a “dispoñibilidade” no proceso de
orientación ten tamén moito que ver con isto.
A resiliencia en canción, Felicidade de Mario
Jeneci
O proceso de orientación ten tamén moito de
simbiose no sentido de tecer unha rede de recursos para abordar a mellora da “empregabilidade”. E de novo a árbore
como exemplo de alianzas diversas co entorno, networking.
Esta nube-árbore ten moitos verbos dentro.
Parafraseando ao mítico Sr. Chinarro, son “unha chamada á acción” porque,
¿acaso es unha árbore? Móvete.